Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Ingreso M?nimo Vital

Agenda para una recuperaci?n justa

Empleo con derechos

Compromiso con la ciencia

Nuestra propuesta de reforma constitucional

Rolda de prensa en Melide
08/08/18 - Rolda de prensa en Melide

Comparecencia de prensa para dar conta das iniciativas da comarca que foron levadas ó Parlamento de Galicia en este periodo de sesións

08/08/18

Hoxe en Melide tivo lugar a comparecencia de prensa para dar conta das iniciativas da comarca que foron levadas ó Parlamento de Galicia en este periodo de sesións que vai do 15 de xaneiro ao 15 de xullo de 2018. Os deputados e deputadas parlamentarias da Coruña dan conta así da súa labor neste período de sesións, segundo acordou a Agrupación Provincial da Coruña.


A deputada Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, a coordinadora comarcal do interior coruñés, Begoña Balado Conde, e o voceiro do PsdeG no concello de Melide, Jose Prado García, convocaron aos medios de comunicación para explicar a labor parlamentaria desenvolvida neste período de sesións.


A deputada parlamentaria fixo unha sucinta explicación das áreas das que é voceira: Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos, de Administración Local e da Comisión permanente non lexislatica do Consello de Contas, engadindo que cada un dos deputados/as teñen un territorio asignado, sendo neste caso a comarca do Interior Coruñés, Cerceda e Carral.


As iniciativas parlamentarias presentadas por Begoña Rodríguez neste período foron 267, ademáis de ser a responsable do debate de orzamentos e foi a ponente do PSdeG da Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

 

Iniciativas rexistradas sobre o territorio do Interior coruñés:


Melide:
1. Construcción centro de saúde
2. Deficiencias no camiño de Santiago
3. Superficie esgotada do polígono da Madanela
4. Centro de FP


Arzúa:
1. Ampliación escola infantil
2. Deficiencias no camiño de Santiago
3. Problemas cos servizos nos albergues do camiño de Santiago


Santiso:
1. Parálise da Concentración parcelaria
Ao mesmo tempo, anunciouse que se van rexistrar inmediatamente unha batería
de iniciativas demandando calidade no servizo de pediatría, que, ao igual que na
maiorís dos concellos do rural galegos, presentan deficiencias importantes.


En canto ás iniciativas presentadas sobre ás súas áreas, cabe resaltar:
• Regresión demográfica galega
• Niveis de ocupación e paro en Galicia.
• Baixa execución orzamentaria da Xunta de Galicia, resaltando a baixa execución en promoción do emprego.
• Financiamento das entidades locais galegas.
• Cumprimento do Pacto Local Galego.
• Evolución do Plan estratéxico de Galicia 2015-2020.
• Fondos Europeos.
• Subvencións ás entidades locais galegas.
• Subvención en concorrencia non competitiva que agotan o seu crédito en minutos.
• Destino do superávit, a regra de gasto e o teito de gasto nas entidades locais galegas.
• Pensión públicas.
• Pensións dos emigrantes retornados.

Etiquetas relacionadas:

barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud