Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Pol?tica - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ingreso M?nimo Vital

Declaraci?n de Granada

03/07/18 -

O PSdeG-PSOE de Melide solicitou a dimisión da Alcaldesa e da Concelleira de Obras pola nefasta xestión da Praia Fluvial e do Saneamento

A situación dende o ano 2012 ata este 2018 só cambiou para peor, xa que os problemas no Saneamento seguen igual e a calidade da auga da Praia Fluvial pasou a INSUFICIENTE
03/07/18

Melide 2 de xuño. No pleno extraordinario solicitado pola oposición que se celebrou o xoves día 28 de xuño, o grupo municipal do PSdeG deixou moi claro con argumentos documentados, a pésima xestión que fai o Goberno municipal do PP. Causando a Melide un importante prexuízo na economía local e na imaxe como pobo.

 

Aínda que a Alcaldesa empregouse con ganas para dificultar o desenrolo dun pleno onde se puidese aclarar as responsabilidades políticas, non o conseguiu. Tivo que escoitar punto por punto o que leva anos evitando.

 

A INCOMPETENCIA E INCAPACIDADE reflectida en non facer nada para evitar que a calidade da auga de baño pase de BOA (2012 a 2015) a INSUFICIENTE (2017 e 2018) e que os problemas do saneamento no ano 2018 seguen igual que no 2012.

 

MENTIRON acusando ao PSdeG-PSOE, cando entre os anos 2014 a 2016 advertíamos coa verdade dos problemas e do que ía pasar, dicindo a Alcaldesa a varios medios de comunicación que os socialistas:

 


 

  •       Queriamos “…Causar alarma e perxudicar a imaxe de Melide”

  •       Tiñamos “…a intencionalidade clara de descalificar o nome de Melide e o do seu rio con fins de alarmismo social…”

  •       E que “…se intente utilizar unha potencialidade que ten Melide como é a do rio Furelos en canto a turismo e pulmón natural en contra do goberno local só con fins políticos”

Empregaron a ARROGANCIA cando desprezaron un acordo (pleno 6/4/2016) para que os tres partidos políticos traballásemos xuntos na solución do problema do saneamento: verquidos na zona do IES, en Sta María, no Camiño de Santiago, en Furelos, polo Parque empresarial…

 

Son IRRESPONSABLES porque en este ano 2018, a Alcaldesa insiste publicamente na correcta calidade da auga de baño, a pesar de que ela mesma ordenou poñer avisos da calidade insuficiente e de recomendación de non bañarse, obrigada polos informes negativos da Xunta e da Unión Europea. Representado esta conducta un risco pola confusión á que induce á poboación.

 

No verán do 2017 non advertiu  da calidade INSUFICENTE e de non recomendar non bañarse.

 

ENGANARON a Melide, porque anunciaron medidas dende o ano 2012 e sucesivos que non cumpriron. Redacción de proxectos, obras, campañas especiais de vixilancia e localización....

 

Así este ano 2018, tentan desculpar o non facer nada con medidas que VAN TARDE e carecen da credibilidade como Goberno.

 

  •        Anuncian que van advertir “por responsabilidade” da calidade INSUFICIENTE e recomendar NON BAÑARSE cando é obriga legal.

  •        Que van a “vixiar conductas incívicas” cando o maior responsable de conductas incívicas é o Goberno do PP dende o ano 2011.

  •        Que van “Facer un estudo científico…” preguntámonos: por que non o fixo antes?

 

Jose A. Prado, afirma: “a mala xestión no saneamento e na Praia Fluvial son os exemplos perfectos dun Goberno Municipal que non soluciona nada. Ten ao pobo paralizado e están máis preocupados en defender os interese do PP que os de Melide”.


  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud