Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Pol?tica - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ingreso M?nimo Vital

Declaraci?n de Granada

Begoña Rodríguez Rumbo, en foto de arquivo.
Begoña Rodríguez Rumbo, en foto de arquivo.
Begoña Rodríguez Rumbo acusa ao PP de rexeitar agora unha proposta que antes apoiaron na Fegamp para garantir financiamento estable aos concellos

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle á Xunta unha nova proposta de aplicación de fondos na estratexia de Investimento Territorial Integrado

31/05/18
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

O Parlamento de Galicia aprobou unha proposta non de lei da portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, que insta á Xunta para que redirixa os fondos á estratexia do Investimento Territorial Integrado (ITI) na Unión Europea para que reverta a regresión demográfica en Galicia.

 

“Sen emprego de calidade non hai retorno da mocidade, métanllo na cabeza”, replicou Rodríguez que reclamou a necesidade de dar oportunidades laborais dignas á mocidade e en especial no mundo rural. “Despois de nove anos Feijóo non o tivo en conta e os datos son os que son”, sentenciou a socialista.

 

Lembrou que Ourense é a primeira provincia do Estado que consta con máis xubilados que cotizantes, segundo datos da Seguridade Social. As comarcas rurais e interiores de Galicia son as que máis están a padecer este descenso demográfico acentuadas polo plan da Xunta en materia demográfica.

 

A proposta aprobada hoxe reclámalle á Xunta que realice unha proposta de aplicación de fondos na estratexia de Investimento Territorial Integrado para “axudar a reverter a situación de regresión demográfica significativa nas que están moitas das comarcas galegas”.

 

Concellos

 

A responsable socialista presentou tamén unha proposición non de Lei na que presentou a mesma proposta aprobada pola Fegamp cos votos favorables tamén do PP para reclamarlle á Xunta un estudo sobre o custo dos servizos prestados polos concellos financiados parcialmente por transferencias da Xunta. Amosou a súa sorpresa polo veto do PP a unha iniciativa que si que apoiaron na Fegamp.

 

Rodríguez Rumbo reclamoulle ao goberno galego “financiamento estable que garanta o funcionamento permanente e axeitado deses servizos”, que non poden afrontar polas restricións orzamentarias impostas polo goberno.

 

Os socialistas galegos reclamaron nesta proposta que a xunta amplíe a partida para servizos locais básicos, dende os 2,2 millóns cos que conta actualmente, e que resulta “totalmente insuficiente” ata os 3,8 millóns de euros cos que finalmente contou no ano pasado. Ademais, reivindicou “unha convocatoria inmediata de subvención pública en concorrencia competitiva, con criterios obxectivos, do cen por cen dos fondos”.

 

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a considerar, de cara ao período post 2020, unha proposta de aplicación de fondos na estratexia do Investimento Territorial Integrado, co obxectivo de axudar a reverter a situación de regresión demográfica significativa nas que están moitas das comarcas galegas”.

 

Etiquetas relacionadas:

Otras Noticias

Juan Díaz Villoslada sinala ao transporte como a maior demanda dos veciños dunha área que aglutina 450.000 persoas. 13/09/18

Os socialistas reclámanlle á Xunta a constitución dun consorcio metropolitano de transporte na área da Coruña

O deputado socialista Juan Díaz Villoslada reclamoulle hoxe á Xunta a constitución dunha autoridade única de transporte de viaxeiros para a área metropolitana da Coruña.

José Manuel Pérez Seco reivindica axudas logo das perdas polos baixos prezos en orixe e a elevada mortalidade pola vaga de calor. 13/09/18

Os socialistas reclaman apoio do goberno galego ao sector cunicultor

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, reclamou hoxe o apoio do goberno galego ao sector cunicultor, do que dependen en Galicia máis de 600 postos de traballo directos.

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud