Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Pol?tica - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ingreso M?nimo Vital

Os pensionistas galegos ingresan de media 789,70 euros mensuais, 144 € menos que a media estatal

O PSOE provincial debate en Carballo sobre o futuro das pensións

Os socialistas afirman que Rajoy “fundiu” o Fondo de Reserva das pensións e afirman que “para o PP as pensións son un gasto, non un dereito”.
24/05/18
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

A Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE organizou esta tarde en Carballo unha charla sobre “O futuro das pensións”. O acto forma parte do ciclo que percorre a provincia durante os meses de abril e maio para falar sobre a problemática concreta deste tema nas diferentes comarcas da provincia coruñesa.

O acto, celebrado no Fórum de Carballo,  contou coa participación de Begoña Rodríguez Rumbo e Loli Toja Suárez, deputadas socialistas no Parlamento de Galicia, do coordinador dos servizos xurídicos de UGT, Pedro Blanco Lobeira, e do coordinador comarcal do PSdeG-PSOE en Bergantiños, José Antonio Viña Patiño.

A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo afirmou que o Goberno de Mariano Rajoy “fundiu o Fondo de Reserva das pensións que deixamos os socialistas na nosa etapa á fronte do Goberno central con máis de 66.000 millóns de euros. Hoxe apenas quedan 8.000. Esa é a herencia recibida do Goberno de Zapatero e a que nos vai deixar Rajoy cando marche”, subliñou.

“Os continuos recortes do PP aos pensionistas só buscan a rendabilidade económica, non a social”. Para eles, as pensións son un gasto, non un dereito”, afirmou a deputada, que sostivo que “á pésima xestión do PP á fronte do Goberno fixo que nos últimos anos se teña incrementado o déficit do sistema de pensións en 17.737 millóns de euros”.

Un sistema de revaloración que empobrece aos nosos pensionistas

Así, aínda que o número de cotizantes á Seguridade Social incrementouse nun 1% a partir de 2015, as cotizacións baixaron un 1,6% debido á redución dos salarios, explicou a deputada, que denunciou “os continuos ataques do PP aos pensionistas” con cuestións como o copago farmaceútico, o decreto lei que eliminiu medicamentos do catálogo da Seguridade Social, o endurecemento das condicións para acceder á xubilación ou o índice de revaloración das pensións “que aprobou o PP sen consenso, fóra do pacto de Toledo, e que empobrece aos nosos pensionistas”, dixo Begoña Rodríguez.

Segundo os cáculos realizados polo PSdeG-PSOE, con este sistema que non ten en conta o IPC e a inflación actual, unha persoa que se xubile  hoxe en Galicia aos 67 anos cunha pensión de 1.000 euros, terá deixado de precibir 10.007 euros cando cumpra 75 anos e 37.543 € cando chegue aos 87 anos.

Begoña Rodríguez e Loli Toja repasaron tamén algúns datos do sistema de pensións en Galicia, que conta na actualidade con 761.100 pensionistas ( o 28% da poboación total) e 984.884 cotizantes á Seguridade Social (o 36,37% da poboación), o que supón 1,29 cotizantes por cada pensionista galego.

As deputadas sinalaron tamén que a pensión media galega ascende a 789,70 euros, 144 euros menos que a media do Estado.

Fronte a esta situación, sostiveron que se precisa tamén un maior esforzo na creación de emprego e criticou que a Xunta deixara sen executar o ano pasado 133 millóns de euros (539 millóns nos últimos cinco anos) da partida destinada a promoción de emprego e activación do mercado de traballo.

Etiquetas relacionadas:

Otras Noticias

Juan Díaz Villoslada sinala ao transporte como a maior demanda dos veciños dunha área que aglutina 450.000 persoas. 13/09/18

Os socialistas reclámanlle á Xunta a constitución dun consorcio metropolitano de transporte na área da Coruña

O deputado socialista Juan Díaz Villoslada reclamoulle hoxe á Xunta a constitución dunha autoridade única de transporte de viaxeiros para a área metropolitana da Coruña.

José Manuel Pérez Seco reivindica axudas logo das perdas polos baixos prezos en orixe e a elevada mortalidade pola vaga de calor. 13/09/18

Os socialistas reclaman apoio do goberno galego ao sector cunicultor

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, reclamou hoxe o apoio do goberno galego ao sector cunicultor, do que dependen en Galicia máis de 600 postos de traballo directos.

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud