Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Pol?tica - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ingreso M?nimo Vital

O parlamentario José Manuel Pérez Seco. Foto de arquivo
O parlamentario José Manuel Pérez Seco. Foto de arquivo
Pérez Seco denunciou que “o PP e Portos de Galicia non levan a cabo as súas promesas”

O PP négase a levar a cabo actuacións para rexenerar a ría do Barqueiro e poder recuperar as perdas

11/05/18
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

O deputado socialista José Manuel Pérez Seco lamentou o veto do PP a unha proposta do Grupo Socialista, na Comisión de Pesca, para levar a cabo a dragaxe ao completo da ría do Barqueiro, nos concellos de Mañón e O Vicedo, a cal está a sufrir os “efectos das correntes e temporais e ten unha gran cantidade de area acumulada”.

 

Pérez Seco alegou que “o calado é tan pequeno que na baixamar as embarcacións case non poden entrar en porto, tendo que esperar á preamar”. Do mesmo xeito, denunciou que “a devandita dragaxe leva pendente 5 anos e parece que este ano tampouco se vai levar a cabo”.

 

O deputado trasladou as preocupacións dos e das mariscadores da zona, dicindo que “esta situación afecta negativamente ao sector, pois a gran cantidade de area está a tapar os bancos de marisqueo, complicando a actividade dos profesionais”. Dixo tamén que “o número de postos de traballo está nunha situación límite, con tan só 15 persoas”.

 

Por outra banda, denunciou que “na actualidade case non hai capturas de ameixa, berberecho e navalla, aumentando só as da ostra rizada ou xaponesa, especie que se rexeitou durante décadas por ser invasora”.

 

É neste contexto, no cal o grupo Socialista reclama á Xunta que actúe na ría do Barqueiro, parando a “sangría biolóxica que está tendo alí lugar, rexenerándoa e recuperándose as perdas producidas”.

Etiquetas relacionadas:

Otras Noticias

Juan Díaz Villoslada sinala ao transporte como a maior demanda dos veciños dunha área que aglutina 450.000 persoas. 13/09/18

Os socialistas reclámanlle á Xunta a constitución dun consorcio metropolitano de transporte na área da Coruña

O deputado socialista Juan Díaz Villoslada reclamoulle hoxe á Xunta a constitución dunha autoridade única de transporte de viaxeiros para a área metropolitana da Coruña.

José Manuel Pérez Seco reivindica axudas logo das perdas polos baixos prezos en orixe e a elevada mortalidade pola vaga de calor. 13/09/18

Os socialistas reclaman apoio do goberno galego ao sector cunicultor

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, reclamou hoxe o apoio do goberno galego ao sector cunicultor, do que dependen en Galicia máis de 600 postos de traballo directos.

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud