Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Pol?tica - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ingreso M?nimo Vital

O Grupo Municipal Socialista de Oza-Cesuras, no momento do rexistro
O Grupo Municipal Socialista de Oza-Cesuras, no momento do rexistro
Coincidindo co 5º aniversario da fusión entre os dous municipios

O PSdeG-PSOE de Oza-Cesuras solicita un pleno extraordinario para pedir explicacións sobre “as promesas incumpridas” da fusión

30/04/18
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

O Grupo municipal do PSdeG-PSOE en Oza-Cesuras rexistrou esta mañá no Concello unha solicitude de pleno extraordinario para que o Goberno municipal da localidade dea explicacións públicas sobre “as promesas incumpridas” da fusión, que o vindeiro 6 de xuño cumprirá o seu quinto aniversario.

Os socialistas entenden que, cinco anos depois, seguen sen cumprirse numerosos compromisos adquiridos tanto pola Xunta de Galicia como polo goberno municipal da localidade e solicitan unha reunión extraordinaria da corporación para que o goberno local ofreza explicacións á veciñanza sobre eses asuntos pendentes.

Así o manifestou a portavoz socialista na localidade, Pilar Pedreira, que lembrou que “ningunha das grandes promesas que sustentaron a fusión se cumpriu a día de hoxe. Nin planta de biomasa, nin embotelladora de Coca-Colas, nin centro de día público no sanatorio de Cesuras están nin se lles espera a día de hoxe”.

Tampouco se cumpriron, segundo Pedreira, “as pequenas promesas da fusión, que se supón que ía traer consigo un aforro de gastos da corporación e unha mellora na prestación de servizos, que a día de hoxe tampouco observamos”.

Ante este escenario, os socialistas decidiron solicitar a convocatoria deste pleno extraordinario.

Etiquetas relacionadas:

Otras Noticias

Juan Díaz Villoslada sinala ao transporte como a maior demanda dos veciños dunha área que aglutina 450.000 persoas. 13/09/18

Os socialistas reclámanlle á Xunta a constitución dun consorcio metropolitano de transporte na área da Coruña

O deputado socialista Juan Díaz Villoslada reclamoulle hoxe á Xunta a constitución dunha autoridade única de transporte de viaxeiros para a área metropolitana da Coruña.

José Manuel Pérez Seco reivindica axudas logo das perdas polos baixos prezos en orixe e a elevada mortalidade pola vaga de calor. 13/09/18

Os socialistas reclaman apoio do goberno galego ao sector cunicultor

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, reclamou hoxe o apoio do goberno galego ao sector cunicultor, do que dependen en Galicia máis de 600 postos de traballo directos.

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud