Fisterra, 15 de marzo de 2010. Fisterra acolleu o luns unha charla coloquio organizada polo PSdeG-PSOE, na que participaron o voceiro socialista de Educación no Parlamento Galego, Guilermo Meijón, o secretario desta materia na executiva provincial, Antonio Álvarez Cisneros, a responsable comarcal dos socialistas, Nieves Lema e o voceiro do PSdeG en Fisterra, José Marcote, que denunciaron que o primeiro ano de goberno de Núñez Feijoo supuxo “unha marcha atrás” en educación na comarca da Costa da Morte.
Os socialistas lamentaron “a perda dun dereito consolidado polo anterior goberno”, en referencia á gratuidade dos libros de texto, e lembraron que “nin unha soa familia dos concellos de Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Vimianzo e Zas percibiu a axuda máxima para os libros de texto”, e moitas delas tiveron que pagar integramente o coste duns libros “polos que non había que pagar nin un euro cando gobernaban os socialistas”.
Diminución dos orzamentos
Meijón e Álvarez lamentaron ademáis a importante diminución, por primeira vez na historia recente de Galicia, dos orzamentos en educación da Xunta e pronosticaron que este recorte afectará, en última instancia, á calidade doe ensino que reciben os alumnos dos colexios públicos, pois “haberá menos recursos para manter os centros, para material escolar, e para pagar aos profesores”.
Con respecto ao Decreto do Galego, os socialistas consideraron que o goberno de Feijoo “creou un conflito que non existía” e consideraron que a nova lei supón “unha ruptura do consenso social respecto á lingua”.
El diputado, que en la etapa del bipartito impulsó estos proyectos, advierte de que el debate sobre estos entes gira sobre quién tendrá el poder y no sobre sus competencias. Mario Beramendi 23/3/20...
Entrevista de Xan Carballa
Después de tres meses sin capitán, la agrupación de los socialistas de Ribeira vuelve a tener a un dirigente al frente de la nave. Se trata de José Manuel Vilas, un hombre con carné de militante desde...