Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Ingreso M?nimo Vital

Agenda para una recuperaci?n justa

Empleo con derechos

Compromiso con la ciencia

Nuestra propuesta de reforma constitucional

Imágenes

  • Acto Pobra do Caramiñal Fran Caamaño
  • Acto Pobra do Caramiñal Fran Caamaño
  • Acto Pobra do Caramiñal Fran Caamaño
  • Acto Pobra do Caramiñal Fran Caamaño
  • Acto Pobra do Caramiñal Fran Caamaño
  •  Acto Pobra do Caramiñal Fran Caamaño

Francisco Caamaño reafirma na Pobra a súa defensa do galego fronte ao “complexo” do goberno de Feijoo

O ministro de Justicia afirma que “ser galego é unha honra e unha responsabilidade” e critica o Decreto do Galego do goberno autonómico
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

A Coruña, 13 de marzo de 2010. O museo Valle Inclán da Pobra do Caramiñal acolleu este sábado unha conferencia organizada pola Agrupación provincial do PSdeG-PSOE baixo título “Identidade e territorio”, a cargo do ministro de Justicia, Francisco Caamaño.

Caamaño, que é tamén presidente da executiva provincial dos socialistas coruñeses, foi presentado polo secretario xeral provincial, Salvador Fernández Moreda, e pola portavoz do PSOE pobrense, Teresa García, que definiu ao ministro como “un home que sabe achegarse aos problemas dos cidadáns”.

Ante un ateigado auditorio, o ministro de Xustiza defendeu a necesidade de “coidar o noso idioma” e, en referencia ao recén aprobado Decreto do Galego, apuntou que “chegará un momento en que o galego e Galicia aparezan só nos libros de texto, quizáis porque un presidente da Xunta se empeñou en que todos falaramos inglés” e advertiu que “ser galego non é incompatible con ser español, nin falar galego e defender a nosa cultura é ser nacionalista”.

Francisco Caamaño considerou que os problemas do goberno galego co idioma teñen que ver cun certo “complexo de ser galego que eu non comparto” e subliñou que a cultura galega é “aberta” e está afeita a convivir con outros ididomas debido á emigración. “Ser galego é unha honra e unha responsabilidade”, afirmou.

O ministro de Xustiza abordou tamén o debate das infraestruturas en Galicia e apostou por un modelo sostible de desenvolvemento. “Deberíamos reflexionar sobre as cousas que deberiamos facer e as que non e sobre que espazos deberiamos protexer para deixalos como legado”, afirmou.


Otras Noticias

José Luis Méndez Romeu. Ex conselleiro de Presidencia y diputado del PSdeG-PSOE. - La Voz de Galicia. 23/03/10

«Soy muy escéptico sobre la creación de las áreas metropolitanas en Galicia»

El diputado, que en la etapa del bipartito impulsó estos proyectos, advierte de que el debate sobre estos entes gira sobre quién tendrá el poder y no sobre sus competencias. Mario Beramendi 23/3/20...

A Nosa Terra. Marzo 2010.. - -. 17/03/10

Entrevista a Salvador Fernández Moreda en A Nosa Terra

Entrevista de Xan Carballa

Os socialistas afirman que o primeiro ano de goberno de Feijoo supuxo “unha marcha atrás en educación”

O PSOE subliña que na maioría dos concellos da Costa da Morte ningunha familia percibiu a axuda máxima para libros de texto

barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud