Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Pol?tica - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Aproveitandose da alcaldía, Nava Castro enchufou á súa filla na Escola Infantil Municipal, en 2002

O PSdeG seguirá denunciando as irregularidades pese ó pataleo da UCPA

Roberto Álvarez Conde, home de Nava Castro, denunción inxustamente ante o Servicio Español de Protección de Datos, que Candeira fixera estas acusacións utilizando datos económicos protexidos. Aínda non se enteiraron de que as retribucións da alcaldesa foron fixadas, en sesión pública, a corporación municipal.
06/05/06
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

O Sr Castro continúa coa  campaña de desprestixio dos adversarios políticos que  fan sombra á súa filla Nava Castro,  nas próximas eleccións municipais.  Logo de denunciar ó o alcalde Solla, socio seu  de goberno,  agora pretende o desprestixio de Francisco Candeira inventando argumentos peregrinos e infundados.

 

Francisco Candeira denunciou, con motivo da moción de censura de maio do 2004, as gravísimas irregularidades cometidas por Nava Castro quen, aproveitándose do seu cargo de alcaldesa, enchufou á súa propia filla na Escola Infantil Municipal cando na baremación establecida quedaba fora dado que  outros nenos con familias moito máis necesitadas tiñan mellor puntuación na baremación. Candeira denunciou publicamente esta inxustiza social da portavoz de UCPA e para elo usou unicamente  datos económicos públicos e notorios, posto de a Sra Castro, como alcaldesa, tiña un salario asignado polo Pleno da Corporación en sesión pública, e para as retribucións do seu home, fixose unha estimación aproximativa posto que era enfermeiro do Centro de Saúde de Ponteareas. Polo tanto non se utilizou ningún dato reservado senón datos de dominio   público (no caso da alcaldesa) e estimativos (caso do seu home).

 

Se ó presidente da  UCPA, D. José Castro, lle quedase algo de dignidade procuraría estar calado, tendo en conta que el mesmo está inhabilitado  durante 10 anos por enchufar traballadores  no concello privando ós cidadáns da igualdade de oportunidades, e  Nava Castro utilizou asimesmo procedementos de enchufe esta vez para beneficiar a un familiar.  Obtivo para a súa filla unha praza que non lle correspondía antepoñéndoa a outros nenos, fillos de cidadáns correntes, con moito máis dereito.

 

Por suposto, no día de hoxe o PSdeG ten enviado ó alcalde un escrito aportándolle  datos clarificadores  e requeríndoo para que o concello (que é a quen compete)  recurra en tempo e forma, diante da Agencia Española de Protección de Datos, e alegue en dereito co fin de que unha denuncia inxusta e politicamente interesada non cause o dano que a UCPA quere ocasionar ó concello de Ponteareas nin (como se pretente) dano político á miña persoa.

 

O PSdeG de Ponteareas seguirá denunciando este tipo de actuacións propias da política doutros tempos, de enchufismo e de inxustiza social que cometen  aproveitándose do  posto de poder que poidan ter nun momento determinado.

 

Ponteareas, 5-5-2006

 


  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud