Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Pol?tica - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Reclama do alcalde un recoñecemento explícito dos investimentos recibidos durante estes últimos 4 anos. Non é de recibo que Solla negue sen pudor o gran investimento reaizado polas consellerías socialistas que superaron os 12 millóns de euros.

Candeira reclama o mantemento dos compromisos da Xunta con Ponteareas

Francisco Candeira, portavoz do PSOE en Ponteareas, dirixiuse ó alcalde para que, como máximo representante do noso concello, entre en contacto en canto se constitúa o novo goberno da Xunta de Galicia e plantee a necesidade de respectar e cumplir os compromisos adquiridos polo goberno de Emilio Pérez Touriño co noso concello no referente a educación, medio ambiente, ou sanidade.
06/04/09
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

Francisco Candeira, portavoz do PSOE en Ponteareas, dirixiuse ó alcalde para que, como máximo representante do noso concello, entre en contacto en canto se constitúa o novo goberno da Xunta de Galicia e plantee a necesidade de respectar e cumplir os compromisos adquiridos polo goberno de Emilio Pérez Touriño co noso concello no referente a educación, medio ambiente, ou sanidade.

Asimesmo reclama do alcalde un recoñecemento explícito dos investimentos recibidos durante estes últimos 4 anos. Non é de recibo que Solla negue sen pudor o gran investimento reaizado polas consellerías socialistas que superaron os 12 millóns de euros.

Neste sentido, O PSOE de Ponteareas considera unha falta de ética e lealdade institucional a actitude do presidente da Deputación de Pontevedra que na súa visita na nosa vila felicite publicamente ó alcalde como autor da remodelación do Salon de Plenos da casa do concello, cando ambos saben que a obra foi feita pola Consellería de Presidencia dirixida polo socialista Méndez Romeu.

O Consello da Xunta presidido por Emilio Pérez Touriño, do pasado xoves, 2 de abril, aprobou o decreto de creación do novo IES que comezará a funcionar a partir de setembro deste ano, e para o cal xa desde o mes de marzo se están a realizar as admisións de alumnos. O novo IES ten capacidade para 16 unidades de educación secundaria obligatoria e tivo un custo de 3,7 millons de euros incrementados ata os 5,8 millóns de euros sumados os gastos de funcionamento, de equipamento e de persoal. Conta con 3.800 m2 construídos e o investimento realizouse entre 2007 e 2009.

Igualmente continuou o compromiso socialista co saneamento de Areas, Arnoso e Xinzo que viron ejecutarse durante entre 2006 e 2008, as fases 2ª e 3ª e no pasado mes de marzo a conselleria que dirixe o socialista Pachi Vázquez adxudicou da 4ª fase do saneamento por un valor de 600.000 euros. Candeira reclama que González Solla xestione diante da nova Xunta a continuación das obras ata a súa conclusión definitiva.

Asimesmo, os socialistas de Ponteareas requiren ó alcalde que urxa da administración autonómica o inicio inmediato das obras da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) aprobada tamén pola Consellería de Medio Ambiente do bipartito.

Finalmente demanda do rexidor local o seguimento do proxecto de reforma e ampliación do Centro de Saúde de Ponteareas, previsto polo goberno socialista.


  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud