Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

O Concello de Ponteareas é un dos mais morosos, afectando ó colectivo dos autónomos máis ás PEMES

O Grupo Socialista propón que Nava Castro pague as débedas atrasadas ós autónomos e ás PEMES para aliviar os efectos da crise

Diante da situación de morosidade que teñen que afrontar os autónomos e máis as PEMES por parte das administracións públicas, e sabendo que o Concello de Ponteareas é un dos mais morosos, o Grupo Municipal Socialista propuxo no Pleno da Corporación, que o Goberno Municipal tome medidas solidarias con estes colectivos e a través da Concellaría de Facenda dirixida por Nava Castro
27/03/09
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

No contexto de profunda crise económica que estamos a sufrir, un dos colectivos mais afectados é o dos autónomos e as PEMES (Pequenas e Medianas Empresas) que denuncian á falta de liquidez como a causa que condiciona a continuidade da súa actividade.

As razóns de esa falta de efectivo a sitúan fundamentalmente na restrición do crédito por parte das entidades bancarias e na alta morosidade fundamentalmente das administracións públicas (concellos e comunidades autónomas).

Diante de esta situación e sabendo que o Concello de Ponteareas é un dos mais morosos, o Grupo Municipal Socialista propuxo no Pleno da Corporación, que o Goberno Municipal tome medidas solidarias con estes colectivos e a través da Concellaría de Facenda dirixida por Nava Castro adopte as seguintes decisións:

1) Legalizar tódalas facturas pendentes de recoñecer que corresponden a servizos ou traballos xa realizados para o Concello pero que actualmente non están contabilizadas oficialmente coma tales débedas o que impide o seu pago ós acredores.


2) Elaborar un plan de pagos das facturas que se adebedan de tal xeito que autónomos e PEMES saiban exactamente cando e en que condicións van poder cobrar os traballos realizados hai xa meses ou incluso anos.

Esperamos que Nava Castro sexa sensible as necesidades de estes colectivos de autónomos e PEMES, e cando menos nesta ocasión actúe con seriedade e responsabilidade.


Ponteareas a 27 de mar. de 09


Asdo: Delfín Domínguez Cerdeira
Concelleiro Socialista de Ponteareas
 


  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud