Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Pol?tica - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

No proceso actual do PSdeG, calquera afiliado se pode presentar a Secretario Xeral e hai unhas normas que garanten a pluralidade de opcións sendo polo tanto un proceso aberto e democrático.

Puntualizacións de Delfín Domínguez ás declaracións feitas por Luis Piñas

O Concelleiro Socialista de Ponteareas Delfín Domínguez puntualiza algúns extremos tralas declaracións feitas por Luis Piña (Secretario Comarcal do PSOE) a un medio de comunicación sobre a situación interna do PSdeG-PSOE
20/03/09
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

Tralas declaracións feitas por Luis Piña (Secretario Comarcal do PSOE) a un medio de comunicación sobre a situación interna do PSdeG-PSOE, síntome na obriga de puntualizar algúns extremos de ditas declaracións coas que non concordo.

Síntome perplexo coas manifestacións que fai sobre a situación de partido que levou ó resultado electoral e lamento que esas afirmacións non as fixera nestes últimos catro anos de goberno nos foros adecuados para elo que era no Comité Nacional Galego e o Congreso Nacional.

No que sí concordo con Luis Piña, é que son necesarios mais cambios que o do Secretario Xeral. Haberá que revisar a estructura do partido nos niveles intermedios e facer cambios substanciais alí onde existan mais carencias e teñamos unha influencia cada vez menor.

Non podo aceptar que este sexa un momento de desilusión, mais ben todo o contrario. Hoxe temos un partido mais forte que hai 4, 8 ou 12 anos, e trala decepción das eleccións do 1 de marzo, inmediatamente abriuse un novo tempo no noso partido coa intención colectiva de iniciar unha nova etapa que poida solucionar as carencias do pasado e mellorar a nosa organización construíndo dende o xa feito.

No proceso actual do PSdeG, calquera afiliado se pode presentar a Secretario Xeral e hai unhas normas que garanten a pluralidade de opcións sendo polo tanto un proceso aberto e democrático. De calquera xeito existe a opinión xeneralizada que neste momento precisamos dun secretario xeral que coñeza ben o partido e que teña demostrada a súa capacidade para organizalo, e por outra banda é necesario que teña capacidade de comunicación cos cidadáns e sería desexable, que estivera no Parlamento de Galicia. Con todas estes requisitos fomos moitos os que o día 2 miramos cara Manuel (Pachi) Vázquez por ser él quen nestes momentos mellor personaliza as expectativas do noso partido. Dicir que esta opción está cociñada ou teledirixida e non responde o desexo das bases do partido, me parece que responde mais a intereses personalistas que o interés xeral do partido,. Ademais tales afirmacións tratan de manipular e ocultar o que sí ten pasado estes últimos 4 años en que o Conselleiro de Medio Ambiente sempre foi o que recibiu as maiores mostras de aprecio e recoñecemento polas bases do partido en tódolos foros nos que participou. Polo tanto cando Pepe Blanco o sinala coma un dos posibles, non está mais que reflectindo un sentir maioritario.

Ponteareas a 20 de marzo de 2009.

Delfín Domínguez Cerdeira
Concelleiro Socialista de Ponteareas
 


  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud