Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Con respecto a ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable), o alcalde sabe que dende xaneiro-06, a Consellería de Medio Ambiente tiña a dotación orzamentaria e a decisión política de construíla en Ponteareas, quedando a espera de que o Concello puxera a disposición os terreos onde abicala

O goberno municipal supón un "atranco" para o desenvolvemento de Ponteareas

Diante das declaracións feitas na prensa polo Alcalde Salvador González Solla, o PSdeG de Ponteareas quere manifestar o seu desacordo coas mentiras e a desvergonza política que utiliza o alcalde para agochar a incapacidade e irresponsabilidade do goberno municipal que unicamente supón un “atranco” para o desenvolvemento de Ponteareas.
13/03/09
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

Diante das declaracións feitas na prensa polo Alcalde Salvador González Solla, o PSdeG de Ponteareas quere manifestar o seu desacordo coas mentiras e a desvergonza política que utiliza o alcalde para agochar a incapacidade e irresponsabilidade do goberno municipal que unicamente supón un “atranco” para o desenvolvemento de Ponteareas.

1) Con respecto a ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable), o alcalde sabe que dende xaneiro-06, a Consellería de Medio Ambiente tiña a dotación orzamentaria e a decisión política de construíla en Ponteareas, quedando a espera de que o Concello puxera a disposición os terreos onde abicala. Así se pode comprobar na hemeroteca da visita institucional que fixo ó noso Concello o Conselleiro “Pachi” Vázquez. É inadmisible que pasaran os anos 2006, 2007 e 2008 sen que o concello fixera efectiva a posta a disposición dos terreos a pesar das reiteradas reclamacións por parte de Consellería. Solo un Alcalde incapaz e irresponsable pode retrasar durante 3 anos a construcción da ETAP condeando ós veciños/as de Ponteareas a seguir consumindo unha auga turbia e non potable.
O abastecemento de auga e un ben primordial que os concellos está obrigados a subministrala en perfecta condicións de potabilidade. O Alcalde de Ponteareas e o seu goberno non solo non cumpriron coa súa obriga senón que entorpeceron a mellora de este servicio durante 3 anos.


2) Con respecto o Saneamento de Areas-Arnoso-Xinzo, unha vez mais o Alcalde trata de manipular e desinformar de unha realidade que se pode constatar sobre o terreo. Nestes últimos 3 anos o saneamento de estas 3 parroquias tivo un impulso decisivo por parte da Consellería de Medio Ambiente proxectándo, licitando e execuntado as sucesivas fases sen solución de continuidade, todo o contrario do que se fixera nos 8 anteriores cos sucesivos gobernos do PP de Fraga en que solo se facían pequenas actuacións cando se achegaban as eleccións.
A desvergonza do Alcalde aínda é maior cando foi él e o seu goberno os que non fixeron o seu traballo, e tiveron que ser as asociacións de veciños de estas parroquias as que tiveron que facer o traballo que lle correspondía o concello para evitar o atraso das obras. Foron os veciños os que estudiaban os proxectos, facían as suxerencias, buscaban alternativas, falaban cos afectados etc. mentras alcalde e concello non facía absolutamente nada, solo manipular, desinformar e entorpecer.


En resumo a actuación nefasta do Alcalde e o seu goberno en materia de medio ambiente foi menor que “cero”, xa que non solo non cumpriron coas súas obrigas senón que foron un atranco para a construcción de equipamentos no noso concello. Non fixeron absolutamente nada para avanzar no sanemento rural das 19 parroquias que por non ter non teñen nin un proxecto básico co que comezar a traballar, non se ten feito nada para a construcción dunha nova depuradora por que a actual está desbordada, un goberno absolutamente ausente en iniciativas para o saneamento ambiental do rio Tea.

Ponteareas a 13 de marzo de 09

Delfín Domínguez.


  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud