Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Pol?tica - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

A finais do pasado ano, Xerente de XESTUR Pontevedra, Bárbara Fernández Domínguez, comprometeuse a reunir de novo á Comisión

MÁIS DE CATRO MESES SEN REUNIRSE A COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PARQUE EMPRESARIAL “VAL DO TEA”

O representante do PSOE na comisión de seguimento para o Polígono empresrial “Val do Tea”, Alfonso Porto Prego, amosou onte a súa preocupación polo que considera retraso inxustificado na convocatoria da Comisión de Seguimento.
11/04/08
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

 O representante do PSOE na comisión de seguimento  para o Polígono empresrial “Val do Tea”, Alfonso Porto Prego, amosou onte a súa preocupación polo que considera retraso inxustificado na convocatoria da Comisión de Seguimento.

 

 Na última xuntanza de dita Comisión, a finais do pasado ano, a Xerente de XESTUR Pontevedra, Bárbara Fernández Domínguez,  comprometeuse a que unha vez adxudicadas os traballos do proxecto sectorial do Parque (que contaba cun prazo de 4 meses para a súa redacción a contar desde o mes de decembro pasado) reuniríase de novo a Comisión e asistiría un representante da empresa adxudicataria para consensuar as propostas dos veciños afectados e dos grupos políticos.

 

 Máis de catro meses despois, e cando estes traballos están a piques de rematar, ningún veciño nin grupo político foi convocado  “polo que nos tememos que se pretenda aplicar unha política de feitos consumados”.  O PSOE dirixíuse ó Alcalde de Ponteareas para que convoque, ou inste á administración autonómica a convocar, o máis axiña posible a Comisión de Seguimento, pois unha vez rematados os traballos do Plan Sectorial, esta non tería sentido.

 

 Para os veciños das parroquias de Guláns e Cristiñade é moi importante participar na elaboración do Plan Sectorial no convencemento de que  a súa aportación, tanto no proceso de expropiación dos terreos como na distribución das areas dotacionais e deportivas, evitará  posibles alegacións que ocasionen  demoras innecesaria na posta en funcionamento do necesario Parque Emporesarial.


  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto
POLITICA DE PRIVACIDAD

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • SoundCloud