Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Suscribete a los boletines del PSOE

Chus Garrote, patricia Vilán e Julio Torrado - Fonte: Atlántico Diario
Chus Garrote, patricia Vilán e Julio Torrado - Fonte: Atlántico Diario
Nunha bisbarra na que residen máis de 50.000 habitantes tan só hai unha ambulancia para atender unha poboación tan espallada e envellecida.

Chus Garrote acusa á Xunta de Galicia de abandonar o Centro de Saúde e sinala a Feijóo e a súa política de recortes como únicos responsables

Os deputados socialistas Julio Torrado e Patricia Vilán visitaron esta mañá varios centros de saúde do Condado Paradanta, onde puideron constatar as “deficiencias” que padece a Atención Primaria nesta bisbarra, comúns a “toda Galicia”, motivadas polos “recortes” e polo “desinterese” da Xunta.
29/03/18
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
  • Da tu opinion
Votar:

Votar:

Ponteareas, 26 de marzo de 2018. Os deputados socialistas Julio Torrado e Patricia Vilán visitaron esta mañá varios centros de saúde do Condado Paradanta, onde puideron constatar as “deficiencias” que padece a Atención Primaria nesta bisbarra, comúns a “toda Galicia”, motivadas polos “recortes” e polo “desinterese” da Xunta.

Os deputados socialistas estiveron acompañados en todo momento pola Secretaria Xeral dos socialistas de Ponteareas, Chus Garrote. Torrado, Vilán e Garrote recolleron as demandas dos profesionais sanitarios do Centro de Saúde de Ponteareas.

Como explicou o voceiro de Sanidade do PSdeG no Parlamento, existen “problemas graves” de persoal, relacionados coa non cobertura das baixas e as xubilacións, e que redundan nunha “saturación” dos profesionais. A modo de exemplo, sinalou que cada médico atende ao día “uns 40 ou 50 doentes”, de xeito que apenas contan cuns cinco minutos por persoa.

“Pérdese calidade na atención”, denunciou Torrado, quen explicou que esa marxe é “insuficiente” para facer unha valoración e que todos os informes e análises médicos sinalan que o “mínimo” necesario é de dez minutos por doente, é dicir, o dobre do tempo co que contan actualmente.

Na mesma liña de falta de persoal, lamentou que a máquina de raios coa que conta o centro de saúde de Ponteareas teña que estar “parada” polas tardes pola ausencia dun técnico, o que provoca que as probas necesarias teñan que ser derivadas ao hospital de Vigo.

En paralelo, os parlamentarios socialistas comprobaron que os centros de saúde mostran “un déficit de mantemento” que se traduce en “graves problemas de accesibilidade”, por 

exemplo, para as persoas en cadeira de rodas. Así mesmo, observaron como nalgunha destas infraestruturas incluso tiveron que “reconverter” uns baños para abrir novos espazos de atención aos pacientes.

UNHA SOA AMBULANCIA

Adicionalmente, criticaron que unha bisbarra na que residen máis de 50.000 habitantes tan só conte cunha ambulancia para atender unha poboación tan espallada e envellecida.

Sobre todo, como relataron, porque durante o traslado dun doente ata Vigo, que supón máis de media hora de desprazamento, o territorio queda desatendido.

Por todo isto, os socialistas presentarán iniciativas no Parlamento de Galicia para esixir á Xunta que solvente a problemática relacionada coa dotación de persoal, que mellore as infraestruturas sanitarias e que mellore o transporte sanitario terrestre. 


Otras Noticias

O seu gran obxectivo será facer de Ponteareas o referente comercial de todo o Condado-Paradanta . 17/01/17

Inés Vidal será a nova Concelleira de Comercio, tomará posesión o martes 17

Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comerc...

Plan Xeral de Ordenación Municipal. PXOM. 29 de setembro de 2011.. 30/09/11

O PSOE de Ponteareas apoiará un Plan Xeral que plasme o seu programa de mínimos

Os socialistas de Ponteareas consideramos fundamental, o máximo consenso político e social para a sacar adiante o PXOM. Queremos expresar a nosa vontade de sacar adiante este documento tan importante,...

"Ponteareas Emprende". 20/05/11

O PSdeG-PSOE presenta “Ponteareas Emprende” un plan para a dinamización económica de Ponteareas

Francisco Candeira aposta pola creación de emprego adaptada ás necesidades das empresas. Ponteareas será o punto de referencia comercial da comarca

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • RedBlog
  • VoluntariosRed
  • RSS
  • SoundCloud