Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Suscribete a los boletines del PSOE

Inés Vidal será a nova Concelleira de Comercio, tomará posesión o martes 17

Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comercio e Consumo
17/01/17

 

Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comercio e Consumo

Datos persoais:

Muller de 36 anos, nai de 2 fillas. De profesión contable ten desenvolvido a súa carreira profesional durante 14 años en diferentes empresas. Recentemente iniciou unha nova andaina como emprendedora , poñendo en marcha a empresa  “Al Punto” , unha take away  /comida para levar, nun local da Praza de Abastos de Ponteareas.

 

Experiencia política

Foi concelleira socialista na última lexislatura dende 2011 ate 2015. Unha etapa, na que podemos salientar a súa defensa do principio de igualdade entre mulleres e homes, e a denuncia contra dos recortes nos servizos públicos especialmente na sanidade. Ademais se lle recoñece un magnifico  traballo en positivo en apoio do comercio local.

É Secretaria de Organización do PSOE de Ponteareas dende 2012, desenvolvendo un traballo decisivo para acadar o goberno local nas eleccións municipais de 2015, conseguindo desaloxar ó PP do goberno de Ponteareas.

 

Proxecto político:

A súa vontade é xestionar dende o dialogo e o consenso con todos os interesados, comerciantes e hostaleiros asi como coas súas asociacións.

Entre as súas prioridades como Concelleira de Comercio, está fortalecer ó comercio local como piar básico do desenvolvemento económico de Ponteareas. Adecuar a normativa existente para simplificar e favorecer o desenvolvemento empresarial e comercial. E apoiar e estimular iniciativas que supoñan unha modernización do comercio local con importante retorno económico para os establecementos comerciais.

Facer de Ponteareas o centro de atracción comercial da comarca Condado-Paradanta, será o seu gran obxectivo.

 

Ponteareas a 16 de xaneiro de 2017

 


  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • RedBlog
  • VoluntariosRed
  • RSS
  • SoundCloud