Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Suscribete a los boletines del PSOE

Plan Xeral de Ordenación Municipal. PXOM. 29 de setembro de 2011.

O PSOE de Ponteareas apoiará un Plan Xeral que plasme o seu programa de mínimos

Os socialistas de Ponteareas consideramos fundamental, o máximo consenso político e social para a sacar adiante o PXOM. Queremos expresar a nosa vontade de sacar adiante este documento tan importante, fundamental para o desenvolvemento do noso concello, sempre e cando se teñan en consideracións as nosas demandas.
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

Ante o inicio de exposición do PXOM aos diferentes colectivos parroquiais, o PSOE de Ponteareas quere expresar a súa vontade de sacar adiante este documento tan importante, fundamental para o desenvolvemento do noso concello. Ademais, a aprobación definitiva suporá solucionar grandes problemas como a falla de solo industrial, a depuradora de augas residuais insuficiente, recibos de IBI en fincas non urbanizables, o feísmo urbanístico, reordenación do tráfico ou reservas de solo para diferentes usos.

Entre os puntos fundamentais que os socialistas consideramos innegociables e básicos para o correcto desenvolvemento urbanístico, atópase a seguinte relación:

- Recuperación e integración do río Tea e creación de pulmóns verdes, parques e sendas verdes na vila.
- Reordenación eficiente do tráfico rodado e planificación de novos viais de acceso á vila, en especial a circunvalación que conecte a autovía con Ponteareas.
- Integración das bicicletas no medio urbano.
- Evitar exceso nos volumes de edificabilidade, como no caso da urbanización “Ponteareas Ciudad”.
- Reserva e cesión de terreos dotacionais para futuras infraestructuras educativas, sanitarias, deportivas ou administrativas.
- Incorporación dos diferentes solos industriais, coma o parque empresarial Val do Tea.
- Reserva de terreos para unha nova estación depuradora de augas residuais. Garantir un proxecto de saneamento integral do rural.
- Reserva de, aló menos, un 40% do solo urbano para a construcción de vivendas de protección pública, tal e como marca a Lei do Solo.
- Permitir a ampliación dos núcleos rurais ata o máximo permitido pola Lei do Solo.
- Catalogación e protección do patrimonio etnográfico e arqueolóxico disperso por todo o concello de Ponteareas, para a súa futura posta en valor.


Outro aspecto fundamental que, segundo os socialistas de Ponteareas, debe terse en consideración é a búsqueda do consenso político e social por parte do equipo de goberno e o equipo redactor. Neste aspecto consideramos que os grupos políticos, asociacións parroquiais, asociacións de empresarios e comerciantes, ANPAS, grupos ecoloxistas e demais colectivos deben valorar e aportar as súas suxestións que, de seguro, enriquecerán o documento.

O PSOE de Ponteareas quere puntualizar que está disposto a negociar o documento, pero no caso de que o goberno do Partido Popular non teña en consideración as nosas demandas, non contará co apoio do noso grupo.
 


Otras Noticias

O seu gran obxectivo será facer de Ponteareas o referente comercial de todo o Condado-Paradanta . 17/01/17

Inés Vidal será a nova Concelleira de Comercio, tomará posesión o martes 17

Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comerc...

"Ponteareas Emprende". 20/05/11

O PSdeG-PSOE presenta “Ponteareas Emprende” un plan para a dinamización económica de Ponteareas

Francisco Candeira aposta pola creación de emprego adaptada ás necesidades das empresas. Ponteareas será o punto de referencia comercial da comarca

Seguridade cidadá. 17/05/11

O PSdeG-PSOE de Ponteareas presenta o seu plan para reducir o índice de delincuencia na vila

Aumentar o número de Policía Local e apostar pola coordinación entre Policía Local, Garda Civil e Servizos Sociais son a base deste plan director de Seguridade Cidadá.

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • RedBlog
  • VoluntariosRed
  • RSS
  • SoundCloud