Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Suscribete a los boletines del PSOE

"Ponteareas Emprende"

O PSdeG-PSOE presenta “Ponteareas Emprende” un plan para a dinamización económica de Ponteareas

Francisco Candeira aposta pola creación de emprego adaptada ás necesidades das empresas. Ponteareas será o punto de referencia comercial da comarca
20/05/11
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

O PSdeG-PSOE de Ponteareas mantivo unha reunión coa Asociación de Empresarios na súa sede da rúa Esperanza para presentar o seu programa de economía e emprego “Ponteareas emprende” que que vai ser proxecto global de estimulo económico e emprendedor que abranguerá todas as actuacións de dinamización económica e promoción de emprego, potenciando a cultura emprendedora.

Entre as accións que emprenderá o PSOE cando chegue ao goberno despois do 22 de maio está o desenvolvemento progresivo dos “orzamentos participativos”, o establecemento dun plan de pago a autónomos e pequenos empresarios, a reorganización e cualificación do departamento de economía do concello e a posta ao día da contabilidade, ademais do seguemento real dun plan de saneamento económico-financieiro.

Especificamente salientable será o Pacto Local polo Emprego: a desenvolver nos primeiros 3 meses de goberno, que vai supor a guia das políticas activas de emprego para toda a lexislatura. Deberán participar ademais do Concello, empresarios, axentes sociais, asociacións de comerciantes, comunidades de montes e todos aqueles colectivos que teñan algo que decir na creación de empregos da nova economía coma poden ser colectivos ecoloxistas, asociacións de maiores, etc.

Pero para que o desenvolvemento económico da vila sexa unha realidade é imprescindible un PXOM que organice o territorio e contemple as infraestructuras viarias de comunicación axeitadas e as futuras conexións ao parque empresarial e a zona industrial da Lomba.

Para Francisco Candeira, portavoz do PSdeG-PSOE, “é indispensable a creación dun parque empresarial que remate coa dispersión das naves sen os servizos axeitados de sanemento, comunicación...”.

Candeira aposta por un parque empresarial sostible sen empresas contaminantes e que conte cunha estación depuradora de augas residuais industriais para garantir a calidade das augas do entorno.

“O concello deberá garantir as naves modulares adaptadas a pequenas empresas e naves e oficinas para emprendedores a baixo custe que poidan desenvolver a súa actividade os tres primeiros anos”.

Comercio
Coa idea de facer de Ponteareas o punto de atracción comercial da comarca, os socialistas apostan pola creación dunha concellería de comercio con dotación orzamentaria para a dinamización da actividade comercial implantando novas tecnoloxías, mellorando o entorno, formando e asesorando aos profesionais, aumentando as prazas de aparcamento con zona azul e a construción dun aparcamento soterrado. O PSdeG-PSOE tamén aposta pola construción dunha nova praza de abastos.

Emprego
Por último, e como eixo central do programa de economía e emprego, o PSdeG-PSOE de Ponteareas defende a creación de emprego con medidas como a creación dun gabinete de orientación laboral, a reserva dun número de postos de traballo no concello destinados a evitar a exclusión social e garantindo os principios de publicidade no acceso aos postos do concello e de organismos dependentes.

“Elaboraremos un catálogo de necesidades laborais coas empresas e planificaremos cursos de formación adaptados a estas necesidades. Promoveremos a contratación dos mozos con axudas ás empresas e crearemos un gabinete de orientación a emprendedores. Ademáis á espera de que chegue o parque empresarial,estes emprendedores poderán instalarse no CDL”.

Así mesmo, adianta Candeira que premiarán ás empresas que colaboren con este plan de emprego proposto cunha “acreditación de responsabilidade social” que lle outorgará puntos válidos para os concursos de contratación do concello.

Pola súa banda a Asociación de Empresarios de Ponteareas deixo ver a súa preocupación pola inseguridade xurídica na que viven e polas poucas posibilidades que teñen de legalizar as súas empresas e industrias perdendo así a oportunidade de optar a moitas das subvencións da administración pública.

Francisco Candeira e o seu equipo de goberno darán solución a esta situación de inestabilidade empresarial pondo en marcha o PXOM, fomentando o parque empresarial e asegurando as comunicacións e servizos axeitados para o tecido empresarial.

 

 


Otras Noticias

O seu gran obxectivo será facer de Ponteareas o referente comercial de todo o Condado-Paradanta . 17/01/17

Inés Vidal será a nova Concelleira de Comercio, tomará posesión o martes 17

Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comerc...

Plan Xeral de Ordenación Municipal. PXOM. 29 de setembro de 2011.. 30/09/11

O PSOE de Ponteareas apoiará un Plan Xeral que plasme o seu programa de mínimos

Os socialistas de Ponteareas consideramos fundamental, o máximo consenso político e social para a sacar adiante o PXOM. Queremos expresar a nosa vontade de sacar adiante este documento tan importante,...

Seguridade cidadá. 17/05/11

O PSdeG-PSOE de Ponteareas presenta o seu plan para reducir o índice de delincuencia na vila

Aumentar o número de Policía Local e apostar pola coordinación entre Policía Local, Garda Civil e Servizos Sociais son a base deste plan director de Seguridade Cidadá.

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • RedBlog
  • VoluntariosRed
  • RSS
  • SoundCloud