Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Seguridade cidadá

O PSdeG-PSOE de Ponteareas presenta o seu plan para reducir o índice de delincuencia na vila

Aumentar o número de Policía Local e apostar pola coordinación entre Policía Local, Garda Civil e Servizos Sociais son a base deste plan director de Seguridade Cidadá.
17/05/11
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

 O PSdeG-PSOE de Ponteareas, a través do responsable de seguridade cidadá, Luis Parra, presenta unha batería de medidas que reducirán o índice de delincuencia existente na vila que xa supera a media da provincia.

Todas as medidas que se tomarán en materia de seguridade cidadá irán recollidas nun Plan Director de Seguridade Local que contempla a creación dun consello local de seguridade no que aunarán forzas Garda Civil e Policía local.


“Queremos uns axentes de Policía Local “visibles” na rúa e en espacios públicos polo que incrementaremos o número de efectivos actuais. Crearemos a praza de Xefe da Policía Local e velaremos pola formación continua ademais de dotalos de máis efectivos”.
Mediante as webs municipais poderanse realizar denuncias, recursos, reclamacións, recuperar obxectos perdidos...
Ademais, o PSOE impulsará a figura de “axente de enlace” na Policía Local que estára en continuo contacto cos colectivos sociais para detectar problemas e atopar unha solución consensuada entre veciños e equipo de goberno.
“Tamén aprobaremos unha ordenanza de convivencia cidadá para establecer os dereitos e deberes dos cidadás en relación aos espazos públicos municipais”.
Por suposto, o PSdeG-PSOE inclúe no seu plan director un programa integral de seguridade no entorno dos centros escolares que vixíe o absentismo, o tráfico de drogas... En colaboración co PSOE a Policía Local elaborará un programa para reducir o vandalismo e a degradación urbana.
Como no podía ser doutro xeito, o desenvolvemento urbanístico deberá contemplar o impacto que terá na seguridade urbana.

Entre outras das medidas que executaremos está a revisión do padrón municipal para evitar as inscricións abusivas nun mesmo domicilio. Coa participación cidadá porase en marcha un pacto pola mobilidade e seguridade viaria ademais de impulsar un programa de “maiores acompañados” para coordinar as actuacións dos servizos sociais e a Policía Local.

En coordinación cós Servicios Sociais potenciaremos o papel da Policía Local en materia de mediación familiar así como habilitar Puntos de Encontro en dependencias municipais. Así mesmo, a Policía Local participará activamente nos programas de integración de colectivos de inmigrantes coa finalidade de informarlles sobre a regularización legal e as normas básicas de convivencia e favorecer o cumprimento das mesmas.

“Potenciaremos o Programa de Voluntariado e Participación Cidadá en Protección Civil, porque unha sociedade segura é tamén unha sociedade solidaria. Favoreceremos o ingreso nos Servicios da Policía municipal de mulleres, españois descendentes de emigrantes e de voluntarios de Protección Civil e ONGs dedicadas a prestación de Servicios de Atención de Emerxencia”.

Por último, oP SOE aposta pola mellora do Servicio de Prevención e Extinción de incendios profesionalizando ó seu persoal e impulsando convenios de cofinanciación que permitan modernizalo.

“A política de seguridade socialista caracterízase pola atención prioritaria ás políticas de prevención e a resposta integral a problemas complexos, que desenvolveremos por medio de Plans Integrais de Actuación nos que participarán activamente os servicios de Policía Local, xunto ós departamentos municipais de Servicios Sociais, Muller, Xuventude, Urbanismo, etc”, explica Francisco Candeira, portavoz do PSdeG-PSOE de Ponteareas.

 


Otras Noticias

Os socialistas de Ponteareas xa instaron á Xunta ao comezo deste ano a iniciar as obras de seguridade na PO-403. 10/07/18

O PSdeG-PSOE de Ponteareas insta á Xunta a inmediata execución das obras de seguridade na PO-403 ao seu paso por Angoares e Moreira

Os socialistas de Ponteareas levan anos advertindo sobre a perigosidade da estrada PO-403 de titularidade autonómica ao seu paso por Angoares. Este tramo, sinalan os socialistas de Ponteareas, carece ...

Nunha bisbarra na que residen máis de 50.000 habitantes tan só hai unha ambulancia para atender unha poboación tan espallada e envellecida.. 29/03/18

Chus Garrote acusa á Xunta de Galicia de abandonar o Centro de Saúde e sinala a Feijóo e a súa política de recortes como únicos responsables

Os deputados socialistas Julio Torrado e Patricia Vilán visitaron esta mañá varios centros de saúde do Condado Paradanta, onde puideron constatar as “deficiencias” que padece a Atención Primaria nesta...

O seu gran obxectivo será facer de Ponteareas o referente comercial de todo o Condado-Paradanta . 17/01/17

Inés Vidal será a nova Concelleira de Comercio, tomará posesión o martes 17

Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comerc...

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • RedBlog
  • VoluntariosRed
  • RSS
  • SoundCloud