Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Suscribete a los boletines del PSOE

As 10 medidas

Candeira presentou as 10 medidas urxentes que levará a cabo “nos 100 primeiros días na alcaldía”

Dez medidas urxentes revitalizarán Ponteareas “nos cen primeiros días de goberno socialista”
12/05/11
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

“Para que gañe Ponteareas” o PSdeG-PSOE da vila presenta as dez primeiras medidas que executará nos cen primeiros días de goberno socialista.

Con ánimo de non perder tempo e solventar as necesidades máis acuciantes dos veciños, o PSdeG-PSOE aposta por un “Pacto local de emprego” que propón realizar un esforzo colectivo entre concello, empresarios, comerciantes, sindicatos, comunidades de montes, etc, para crear postos de emprego e dar unha solución inmediata aos 2.700 parados que hai na localidade.

A posta en marcha dos consellos parroquias é outras das medidas que tomará o PSdeG-PSOE cando chegue ao goberno despois do 22 de maio. Creados xa por Candeira cando era alcalde, neles estarán representados todos os colectivos das parroquias que trasladarán ao concello as principais necesidades da súa parroquia.

Como non podía ser doutro xeito a redacción do proxecto de saneamento integral das augas residuais de tódalas parroquias é prioritario para o PSOE. “Hai vinte parroquias e 8.529 habitantes que verten as augas residuais ás fosas sépticas e aos pozos mortos contaminando o solo e as augas soterradas”.

O 53% dos habitantes da vila non dispón de auga potable por iso é urxente rematar con este “vergonzoso e lamentable” problema.

Entre as medidas que tomará o PSOE está a creación dunha brigada permanente de mantemento dos centros de ensino que evite a penosa situación actual.

O goberno socialista cre firmemente que un goberno eficaz e que traballe por e para os veciños debe ser inexcusablemente transparente en todas as xestións (contratación de persoal, planeamento de obras, pago de autónomos..., ademais adiantan que emitirán en directo todos os plenos.

A delincuencia en Ponteareas está 14 puntos por enriba da media provincial, incrementar a coordinación entre a Policía Local e a Garda Civil é indispensable para garantir maior presencia nas rúas, nas parroquias e nos centros educativos.

A todo isto hai que engadir que Ponteareas necesita terreos para un novo centro de primaria, para unha escola infantil e para un centro de dia. Ademais, hai que por en funcionamento o parque empresarial. Para todos estes necesarios proxectos débese consensuar a aprobación inicial do PXOM.

“Temos 2834 maiores de 70 anos e un Centro de Dia con tan so 11 prazas. É imprescindible crear un punto de encontro social en cada parroquia con profesionais que potencien a súa autonomía”, explica o portavoz socialista Francisco Candeira.

Limpar as beiras do río Tea e revalorizalo segue a ser unha asignatura pendiente do actual goberno de Ponteareas que coa súa “penosa xestión” vive de costas ao seu patrimonio natural. O PSdeG-PSOE de Ponteareas aposta pola limpeza dos ríos e a ampliación da senda fluvial do Tea.

A agrupación socialista, liderada por Francisco Candeira comprométese a executar estas dez medidas imprescindibles e urxentes nos seus primeiros cen días de goberno en Ponteareas.
“Levamos catro anos de parálise total e absoluta por iso é imprescindible ser áxiles na xestión e priorizar as necesidades para cobrar folgos e facer de Ponteareas un lugar para vivir”, engade Francisco Candeira.
 


Otras Noticias

O seu gran obxectivo será facer de Ponteareas o referente comercial de todo o Condado-Paradanta . 17/01/17

Inés Vidal será a nova Concelleira de Comercio, tomará posesión o martes 17

Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comerc...

Plan Xeral de Ordenación Municipal. PXOM. 29 de setembro de 2011.. 30/09/11

O PSOE de Ponteareas apoiará un Plan Xeral que plasme o seu programa de mínimos

Os socialistas de Ponteareas consideramos fundamental, o máximo consenso político e social para a sacar adiante o PXOM. Queremos expresar a nosa vontade de sacar adiante este documento tan importante,...

"Ponteareas Emprende". 20/05/11

O PSdeG-PSOE presenta “Ponteareas Emprende” un plan para a dinamización económica de Ponteareas

Francisco Candeira aposta pola creación de emprego adaptada ás necesidades das empresas. Ponteareas será o punto de referencia comercial da comarca

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • RedBlog
  • VoluntariosRed
  • RSS
  • SoundCloud