Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Fóra da Lei

O PSdeG-PSOE de Ponteareas remitirá á Xunta Electoral da zona as declaracións do Conselleiro de Política Territorial

O Partido Popular vulnera a Lei Electoral co anuncio da construción de varias minidepuradoras no concello
11/05/11
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

O PSdeG-PSOE de Ponteareas remitirá á Xunta electoral da zona as declaracións do Conselleiro de Política Territorial e Medio Ambiente, Agustín Hernández, en relación á depuración da augas residuais de Ponteareas.

Para o PSOE, o Partido Popular vulnera a Lei electoral ao anunciar o inicio das obras das minidepuradoras, “lamentamos o uso electoralista que fai o PP cunha obra tan necesaria que leva máis de seta anos sen facer”, explica Francisco Candeira, portavoz do PSOE.

Por outro lado, os socialistas aseguran que os populares volven incurrir nunha política “errática” ao apostar polas minidepuradoras. “Consideramos que o uso de minidepuradoras ( anúncianse unha en Prado, outra en Pías e tamén en Padróns) non fai máis que crear puntos de vertido no río. Se temos unha ou dúas depuradoras, teremos un ou dous problemas, se temos 20 depuradoras, teremos 20 problemas. Ademáis, calquera pescador deportivo ou persoa que as coñeza ben, sabe que os vertidos ao río son contínuos con este tipo de instalacións”.

O socialista Francisco Candeira aposta, en cambio, pola realización dun Proxecto Integral de Saneamento de Augas Residuais no que se contemple a construción dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) que supla as deficiencias da que hai instalada na Moscadeira e que recibe máis auga da que pode tratar.

O Proxecto Integral de Saneamento de Augas Residuais é unha das accións que o PSdeG-PSOE porá enriba da mesa nos seus primeiros cen días de goberno en Ponteareas.

 


Otras Noticias

Os socialistas de Ponteareas xa instaron á Xunta ao comezo deste ano a iniciar as obras de seguridade na PO-403. 10/07/18

O PSdeG-PSOE de Ponteareas insta á Xunta a inmediata execución das obras de seguridade na PO-403 ao seu paso por Angoares e Moreira

Os socialistas de Ponteareas levan anos advertindo sobre a perigosidade da estrada PO-403 de titularidade autonómica ao seu paso por Angoares. Este tramo, sinalan os socialistas de Ponteareas, carece ...

Nunha bisbarra na que residen máis de 50.000 habitantes tan só hai unha ambulancia para atender unha poboación tan espallada e envellecida.. 29/03/18

Chus Garrote acusa á Xunta de Galicia de abandonar o Centro de Saúde e sinala a Feijóo e a súa política de recortes como únicos responsables

Os deputados socialistas Julio Torrado e Patricia Vilán visitaron esta mañá varios centros de saúde do Condado Paradanta, onde puideron constatar as “deficiencias” que padece a Atención Primaria nesta...

O seu gran obxectivo será facer de Ponteareas o referente comercial de todo o Condado-Paradanta . 17/01/17

Inés Vidal será a nova Concelleira de Comercio, tomará posesión o martes 17

Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comerc...

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • RedBlog
  • VoluntariosRed
  • RSS
  • SoundCloud