Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Suscribete a los boletines del PSOE

Medio Ambiente

O PSdeG-PSOE de Ponteareas aposta polo respeto ao medio ambiente como filosofía de vida

Tomás González Mouriño presenta o programa para medio ambiente da man do candidato á alcaldía, Francisco Candeira
09/05/11
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

O socialista Tomás González Mouriño presenta o programa para medio ambiente da man do ex-alcalde e líder do PSOE, Francisco Candeira. O obxectivo do PSdeG-PSOE de Ponteareas é convertir o río Tea e o Uma no eixo central da vida da vila.

“A pesar de ter quilómetros de río (Tea e Uma) integrados dentro da Rede Natura 2000 e sendo Lugares de Interese Comunitario, os anteriores gobernos non fixeron máis que degradalos” explica Mouriño.

Pero para que o patrimonio natural non sufra e para que os veciños teñan os servizos axeitados, o PSdeG-PSOE aposta por un plano de saneamento integral que rexeita as minidepuradoras polo seu mal funcionamento e o alto custe de mantemento.

“Os socialistas de Ponteareas cremos imprescindible ter un documento donde se plasmen todas as infraestructuras necesarias para a depuración da auga. Entre outras cousas incluirá a construción dunha nova depuradora e, no caso de zonas donde a conexión ao saneamento teña grandes dificultades, promoverase a depuración por medio de ‘macrofitas’”, asegura o futuro alcalde, Francisco Candeira.

Ademais, o PSOE garantirá o remate da primeria fase de construción da Estación de Tratamento de Auga Potable e a execución da segunda fase.

Entre os plans que os socialistas teñen para Ponteareas está un parque no que os veciños poidan gozar do seu tempo de lecer.

“Durante todo este tempo, a pesar de crecer a nosa vila, case non aumentaron os espazos de lecer. Por iso, cremos que o novo Plan Xeral debe reservar unha importante cantidade de solo para facer un gran parque donde teñan o seu espazo os nenos e nenas, os maiores, os mozos e mozas, en definitiva, toda a xente”, explica Tomás González.

Preocupados por respetar o medio ambiente o PSdeG-PSOE de Ponteareas tamén impulsará proxectos como o censo de cans en colaboración coa Asociación Protectora de Animais e Plantas e a mellora da conexión por autobús coa cidade de Vigo para reducir tráfico e contaminación acústica.

Entre os seus obxectivos tamén está traballar na reforestación con especies autóctonas da man das comunidades de montes e a promoción dos parques forestais.

Erradicar as especies invasoras e solicitar a instalación dunha estación metereolóxica que mida a contaminación aérea completan o programa que o PSOE quere executar en materia de medio ambiente.

Por último, o PSOE aposta por un Centro de Interpretación da Natureza, a reforma das sendas fluviais, a adaptación do Plan Xeral para recuperar as beiras dos ríos e a posta en marcha dun servizo de recollida de augas residuais das fosas sépticas para a súa depuración ademais da posta en marcha dun plano de aforro enerxético no alumeado público e instalacións municipais.


 


Otras Noticias

O seu gran obxectivo será facer de Ponteareas o referente comercial de todo o Condado-Paradanta . 17/01/17

Inés Vidal será a nova Concelleira de Comercio, tomará posesión o martes 17

Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comerc...

Plan Xeral de Ordenación Municipal. PXOM. 29 de setembro de 2011.. 30/09/11

O PSOE de Ponteareas apoiará un Plan Xeral que plasme o seu programa de mínimos

Os socialistas de Ponteareas consideramos fundamental, o máximo consenso político e social para a sacar adiante o PXOM. Queremos expresar a nosa vontade de sacar adiante este documento tan importante,...

"Ponteareas Emprende". 20/05/11

O PSdeG-PSOE presenta “Ponteareas Emprende” un plan para a dinamización económica de Ponteareas

Francisco Candeira aposta pola creación de emprego adaptada ás necesidades das empresas. Ponteareas será o punto de referencia comercial da comarca

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • RedBlog
  • VoluntariosRed
  • RSS
  • SoundCloud