Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Suscribete a los boletines del PSOE

Educación

O PsdeG-PSOE promoverá un novo centro de Infantil e Primaria

“Os socialistas queremos unha educación que sexa garantía de igualdade, calidade, equidade e liberdade; na que participen todos os axentes sociais e se respecte o pluralismo”, sinalou Candeira
05/05/11
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

O candidato a alcaldía de Ponteareas polo PSdeG-PSOE, Francisco Candeira, e a número tres da súa lista electoral, Mª Jesús Garrote, presentaron os plans educativos que “activarán no municipio logo do 22 de maio”. Unha batería de medidas que, segundo apuntou Candeira, “garanten unha educación de calidade para todos e todas. É sabido que a Educación é unha das prioridades da nosa acción política”.

Para Educación Infantil e Primaria os socialistas promoverán a creación du novo Centro educativo para resolver a “grave masificación dos nosos centros escolares” e impulsarán unha nova escola infantil para nenos de o a 3 anos “para conseguir unha cobertura total en Educación”. Ademais, segundo apuntan, tomarán medidas como aumentar a oferta de horarios non lectivos nos colexios públicos aproveitando ó máximo os centros escolares dotándoos con persoal cualificado para atender as necesidades das familias traballadoras con fillos, tales como Plan Madruga e novos comedores como no Fermín bouza brey e mellorar así a conciliación. Para potenciar o ocio infantil e xuvenil en períodos vacacionais crearán Escolas de Verán e campamentos. Anuncian que tamén dotarán a biblioteca de material educativo necesario e procurarán que “nin un só estudiante careza do adecuado material escolar por falla de recursos”.

Xa en relación con Secundaria e Bacharelato, tanto Candeira como Garrote explicaban que impulsarán o Centro Integrado de A Granxa mediante os obradoiros de formación para o emprego e tendo en conta a demanda social. Ademáis, ampliarán as posibilidades de Formación Profesional, promoverán o Bacharelato artístico para o I.E.S do Barral e promoverán a implantación da Ensinanza para adultos.

Infraestructuras
Durante a presentación, Candeira e Garrote quixeron deixar claro tamén as solucións que levarán acabo para contrarrestar as carencias que sofren as infraestructuras educativas ponteareáns. Para iso, queren impulsar no PXOM a ampliación de zonas dotacionais para os Centros Educativos, activar unha cuadrilla de mantemento nos centros, habilitar na Biblioteca unhas salas con conexión a internet e tamén fomentar á eficacia da Escola de Familia e o Consello Escolar, para obter un maior rendemento.


Otras Noticias

O seu gran obxectivo será facer de Ponteareas o referente comercial de todo o Condado-Paradanta . 17/01/17

Inés Vidal será a nova Concelleira de Comercio, tomará posesión o martes 17

Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comerc...

Plan Xeral de Ordenación Municipal. PXOM. 29 de setembro de 2011.. 30/09/11

O PSOE de Ponteareas apoiará un Plan Xeral que plasme o seu programa de mínimos

Os socialistas de Ponteareas consideramos fundamental, o máximo consenso político e social para a sacar adiante o PXOM. Queremos expresar a nosa vontade de sacar adiante este documento tan importante,...

"Ponteareas Emprende". 20/05/11

O PSdeG-PSOE presenta “Ponteareas Emprende” un plan para a dinamización económica de Ponteareas

Francisco Candeira aposta pola creación de emprego adaptada ás necesidades das empresas. Ponteareas será o punto de referencia comercial da comarca

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • RedBlog
  • VoluntariosRed
  • RSS
  • SoundCloud