Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Suscribete a los boletines del PSOE

Acto electoral

Candeira presenta aos 21 membros dunha candidatura unida e eficaz

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, e o parlamentario autonómico Modesto Pose arrouparon á presentación da lista electoral
03/05/11
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

O PsdeG-PSOE de Ponteareas presentou o pasado venres aos 21 membros da súa lista electoral ante centos de militantes, simpatizantes e veciños do municipio. No acto participaron arroupando a candidatura o secretario de Organización do PsdeG-PSOE. Pablo García, e o parlamentario socialista Modesto Pose.

Logo da intervención dos dirixentes autonómicos, tomou a palabra o candidato Francisco Candeira que falou de sentirse “orgulloso de ir á cabeza dunha candidatura unida e eficaz que cambiará o rumbo político do municipio”. O candidato socialista anunciou durante a súa intervención un paquete de 10 medidas que “se porán en marcha nos primeiros 100 días do seu goberno”. “10 medidas que hai que activar con urxencia para sacar a Ponteareas do grave estancamento que está a sufrir”, sinala Candeira. "Xa non sabemos que é máis grave, o que Solla está a facerlle a Ponteareas dende a alcaldía ou o que deixou de facer mentres se dedicaba ás liortas internas cos seus compañeiros de goberno”, dixo Candeira con contundencia.

“Burla a cidadanía”
Como non podería ser doutro xeito, Candeira arremetou durante o seu discurso contra “a burla á cidadanía por parte dos partidos de dereitas”. “A min non me preocupa en absoluto os problemas familiares e persoais que existan entre eles, cousa deles, o que me preocupa seriamente é que debido a eses enfrontamentos e loitas polo poder Ponteareas está gravemente paralizada”, sinalou. Tivo palabras tamén para Nava Castro da que quixo lembrar que “herdou a Alcaldía de Ponteareas cando o seu pai, Jose Castro foi inhabilitado pola Xustiza”. “Ponteareas non debe esquecer nunca que Nava Castro é a responsable directa da sinatura das 40 licenzas de obras ilegais que provocaron que a Xunta suspendera a normas urbanísticas en Ponteareas, suspensión todavia hoxe en vigor e do incremento de moitos impostos coma o 50% no recibo da recollida de lixo ou do aumento do 150% no recibo do IBI (contribución) no rural”, rematou Candeira.

Ao rematar a súa intervención, Candeira foi chamando ao seu carón aos 21 membros da súa candidatura.


Otras Noticias

O seu gran obxectivo será facer de Ponteareas o referente comercial de todo o Condado-Paradanta . 17/01/17

Inés Vidal será a nova Concelleira de Comercio, tomará posesión o martes 17

Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comerc...

Plan Xeral de Ordenación Municipal. PXOM. 29 de setembro de 2011.. 30/09/11

O PSOE de Ponteareas apoiará un Plan Xeral que plasme o seu programa de mínimos

Os socialistas de Ponteareas consideramos fundamental, o máximo consenso político e social para a sacar adiante o PXOM. Queremos expresar a nosa vontade de sacar adiante este documento tan importante,...

"Ponteareas Emprende". 20/05/11

O PSdeG-PSOE presenta “Ponteareas Emprende” un plan para a dinamización económica de Ponteareas

Francisco Candeira aposta pola creación de emprego adaptada ás necesidades das empresas. Ponteareas será o punto de referencia comercial da comarca

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • RedBlog
  • VoluntariosRed
  • RSS
  • SoundCloud