Para o PSOE de Ponteareas é un insulto e unha burla aos cidadáns o chanchullo que están a facer coas listas electorais Nava Castro, Solla, Louzán e Feijjo e os sucesores da UCPA, facendo unha xoldra cos traidores e cos desleais dos traidores.
“A actitude de descaro e pouca vergonza política da dereita en Ponteareas xa non ten límites, ¿ata cándo van seguir xogando coa cidadanía?. Unha actitude de perda de dignidade e ética política ”.
A credibilidade política da dereita e da familia Castro é nula segundo explica o concelleiro socialista Delfín Domínguez, “con tal de manterse no poder todo vale e iso é vergoñento, xa non lle importan os problemas dos cidadáns nin de Ponteareas, so lles importan as suas pelexas internas e a desputa dos primeiros postos na lista. Mentres Ponteareas segue paralizada e perdendo oportunidades un día tras outro”.
Así mesmo, Domínguez asegura que “a familia Castro ou apoiando a lista do PP ou cunha lista independente está empeñada en perdurar no poder e seguen ingnorando as grandes necesidades deste concello. Para eles é máis importante a súa ambición política que o futuro de Ponteareas”.
Por se isto fora pouco, a candidatura independente liderada por Gonzalo Carrera, Alternativa Ciudadana por Ponteareas, xoga a confundir aos veciños con informacións erróneas nos medios de comunicación, “sen ir máis lonxe o martes no Faro de Vigo Feliciano Zúñiga declarábase número dous de Alternativa por Ponteareas, dous días máis tarde e no Atlántico Diario a concelleira Raquel Bautista adxudicábase ese mismo posto”.
O PSdeG-PSOE está convencido que os cidadáns están fartos de estas burlas e actitudes indignas e exerceran o seu dereito nas eleccións para rematar con esta “panda” de incompetentes políticos que ten gobernado Ponteareas nos últimos 7 anos, sumindoa na paralise, o atranco, o descredito e a falla de oportunidades económicas e de emprego.
Os socialistas de Ponteareas levan anos advertindo sobre a perigosidade da estrada PO-403 de titularidade autonómica ao seu paso por Angoares. Este tramo, sinalan os socialistas de Ponteareas, carece ...
Os deputados socialistas Julio Torrado e Patricia Vilán visitaron esta mañá varios centros de saúde do Condado Paradanta, onde puideron constatar as “deficiencias” que padece a Atención Primaria nesta...
Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comerc...