Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Secciones
Servicios

Conferencia Política - Propuestas para el Cambio

Sincroniza tu Agenda con la del PSOE

Ir a Tu Tienda PSOE

Suscribete a los boletines del PSOE

Lei de Montes

O PSOE recolle as propostas da Asociación Forestal de Galicia para a redacción da nova Lei de Montes

Participaron no encontro a deputada autonómica socialista Sonia Verdes e a Comunidade de Montes de Xinzo
15/04/11
  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks
  • Imprime
  • Comparte
Votar:

Votar:

O portavoz do PSdeG-PSOE de Ponteareas, Francisco Candeira, fixo posible onte o encontro entre a deputada autonómica, Sonia Verdes, e a Asociación Forestal de Galicia e a Comunidade de Montes de Xinzo.

Froito da intención de facer partícipes aos veciños das decisións máis relevantes do goberno, Francisco Candeira convocou en Xinzo unha reunión entre a deputada socialista encargada do anteproxecto da Lei de Montes Veciñais en Man Común e representantes da Asociación Forestal de Galicia, Comunidade de Montes de Xinzo e Asociación de Veciños de Xinzo.

Candeira asegurou que dada a importancia do monte en Ponteareas e o dinamismo que aporta á economía da vila esta reunión de traballo era imprescindible para coñecer de primeira man as necesidades e os puntos a ter en conta á hora de facer unha boa xestión do monte.

A Asociación Forestal de Galicia, representada polo seu vicepresidente Luis Campo, trasladou aos socialistas a importancia de recoller nunha normativa as capacidades xurídicas das comunidades de montes, o regulamento da intervención das administracións, a definición da figura do comuneiro e das condicións para selo e o quórum en asemblea, entre outras prioridades.

Pola súa parte, a deputada autonómica comprometeuse a estudar estas propostas para logo incorporalas no anteproxecto da Lei de Montes Veciñais que o PSdeG-PSOE presentará diante do parlamento.

“É o noso compromiso asegurar a participación cidadá por iso consideramos necesario que os comuneiros da Asociación Forestal de Galicia, que agrupa a maioría das comunidades de montes de Ponteareas, poidan aportar as súas propostas para a redacción desta nova Lei de Montes”, explicou Francisco Candeira.


Otras Noticias

O seu gran obxectivo será facer de Ponteareas o referente comercial de todo o Condado-Paradanta . 17/01/17

Inés Vidal será a nova Concelleira de Comercio, tomará posesión o martes 17

Dona Inés Vidal, tomará posesión con concelleira no Pleno Municipal do martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comerc...

Plan Xeral de Ordenación Municipal. PXOM. 29 de setembro de 2011.. 30/09/11

O PSOE de Ponteareas apoiará un Plan Xeral que plasme o seu programa de mínimos

Os socialistas de Ponteareas consideramos fundamental, o máximo consenso político e social para a sacar adiante o PXOM. Queremos expresar a nosa vontade de sacar adiante este documento tan importante,...

"Ponteareas Emprende". 20/05/11

O PSdeG-PSOE presenta “Ponteareas Emprende” un plan para a dinamización económica de Ponteareas

Francisco Candeira aposta pola creación de emprego adaptada ás necesidades das empresas. Ponteareas será o punto de referencia comercial da comarca

  • jpg
  • jpg
  • jpg
barrafooter

w3cPSOE - CEF © Ferraz, 70. Madrid. Tel. 91 582 04 44 infopsoe@psoe.es
AVISO LEGAL Optimizado a 1024 x 800 píxeles | Mapa Web | Contacto

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • Youtube
  • Flickr
  • RedBlog
  • VoluntariosRed
  • RSS
  • SoundCloud