Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

En Ponteareas non se poderá garantir a calidade e a potabilidade da auga

O goberno municipal renuncia á Estación de Tratamento de Auga Potable para Ponteareas

O grupo de Goberno de Ponteareas, dirixido polo Partido Popular e a Unión Condado Paradanta, en resolución da Xunta de Goberno do 22 de maio decidiu renunciar á construcción da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP).

Esta obra fora comprometida polo Conselleiro de Medio Ambiente na súa visita institucional a Ponteareas, e para a cál había unha dotación orzamentaria da Xunta de Galicia de 900.000 euros para o ano 2006.

 

O Alcalde sabe que é responsabilidade do Concello garantir o abastecemento e a potabilidade da auga. A xente que vive en Ponteareas comproba diariamente e a simple vista coma a auga que sae polo grifo é de mala calidade , moitas veces turbia e con un grao de cloración variable.

 

É desconcertante que o mesmo goberno municipal que decidiu que a  ETAP era “unha obra prioritaria” para o concello, agora decida que esta obra pode esperar indefinidamente, rexeitando a inversión de 900.000 euros que a Consellería de Medio Ambiente tiña previsto investir no ano 2006.

 

Ponteareas perde este investimento porque o Goberno PP-UCPA é incapaz de xestionar minimamente os asuntos da súa competencia. A pesar dós reiterados avisos por parte da Consellería de que o Concello estaba incumprindo  os prazos previstos e non podía demorarse mais en remitir a documentación necesaria para poder executar o investimento previsto. Estamos no mes de xuño e transcorrida a metade do ano aínda non se iniciaran as primeiras actuacións por parte do Goberno Municipal para poñer á disposición da Consellería os terreos onde se ía ubicar a ETAP. Ante esta parálise a única “ocorrencia” do Alcalde e a Comisión de Goberno é rexeitar o investimento, renunciando así a abastecer con unha auga potable e de calidade ós veciños de Ponteareas.

 

Ponteareas,9-6-2006

 

09/06/06