Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Iníciase unha nova etapa de prestixio e calidade para o Pedra de Auga

Candeira destaca o compromiso da conselleira de Educación con Ponteareas

A presencia  da conselleira de Educación, Laura Elena Sánchez Piñón, e do delegado,  Cristobal Fernández Vázquez, é unha mostra máis,  a alto nivel, do interese que  a Xunta ten polos asuntos educativos de Ponteareas.

 

A visita da Conselleira  representa unha aposta inequívoca por abrir no IES Pedra de Auga unha nova etapa de prestixio e calidade. Contribúe a dar un impulso decisivo para  a  colaboración entre o profesorado,  a nova directiva e a ANPA, co fin de lograr, deste modo, a total normalización do funcionamento do centro.  

 

Asimesmo é significativa  a súa visita ó IES Val do Tea para coñecer de primeira man a súa situación actual.

 

O PSdeG quere destacar o compromiso  directo da conselleira en construir o novo  IES, e o empeño por eliminar as dificultades ocasionadas pola falta de aprobación do Plan de Urbanismo.

 

Esta visita ven a amosar , como xa sucedeu coa presencia do conselleiro de medio ambiente e de distintos delegados e directores xerais nos últimos 6 meses, que a Xunta de Galicia, presidida polo socialista Emilio Pérez Touriño, traballa sen discriminacións,  pensando nas necesidades e aspiracións dos cidadáns, independentemente da cor política  que goberne en cada concello.

 

Ponteareas, 16 de marzo de 2006

 

O portavoz municipal

Francisco Candeira Mosquera

19/03/06