Logo con las siglas del Partido Socialista Obrero Español.
Cuadrado rojo con letras PSOE en blanco. Símbolo del partido. Cuadrado rojo con un puño y una rosa en blanco.

Recorda que o sistema acolle tamén opinión de persoas non residentes no concello pero que teñen intereses urbanísticos, de relación ou económicos nel

O PSOE DE CAMBRE DEFENDE A ENQUISA PÚBLICA SOBRE O PXOM COMO GARANTÍA DE TRANSPARENCIA E DE PARTICIPACIÓN VECIÑAL

A Agrupación Socialista de Cambre defende a enquisa pública sobre Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como garantía de transparencia de goberno e participación veciñal, en consonancia coa vocación do partido de centrarse na atención ás persoas.

CAMBRE, 20 de febreiro de 2019. A Agrupación Socialista de Cambre
defende a enquisa pública sobre Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
como garantía de transparencia de goberno e participación veciñal, en
consonancia coa vocación do partido de centrarse na atención ás persoas.
A razón pola que se optou por estender este sistema de consulta a persoas non
empadroadas no municipio xustifícase no feito de que pode haber xente que non
sendo de Cambre nin vivindo aquí teña intereses urbanísticos ou económicos no
concello, coma unha vivenda ou un negocio, ou utilicen con certa frecuencia
servizos do concello por residir nunha área metropolitana de gran mobilidade e
intensa interrelación.
Os socialistas de Cambre rexeitan as manifestacións da Asemblea Cidadá de
Cambre-Son (ACdC), que considera que a enquisa facilita que calquera poda
“opinar e decidir sobre la configuración urbanística” do Concello.
Para a Agrupación Socialista de Cambre, dicir que calquera persoa, desde
calquera lugar do mundo, pode decidir sobre a ordenación urbanística de
Cambre parte de dous supostos erróneos:
Por unha banda, coa enquisa non se decide nada, porque só é un sistema de
consulta da opinión cidadá sobre o cal despois o goberno local baseará a súa
decisión. Pero, ademais, é ilusorio supoñer que calquera persoa que non teña
ningún interese persoal no municipio ou nin sequera o coñeza vaia participar
nunha sondaxe desta natureza, de tipo consultivo e non vinculante.

21/02/19 - -